Características do registro coloquial e panorama das linguas do mundo
Características do registro coloquial
As características do registro coloquial son as propias dunha lingua espontánea e improvisada, pouco suxeita á reflexión: repeticións, faltas de concordancia, etc.
No extremo do continuum situacional, no polo de maior formalidade, corresponde á variedade estándar, polo que só a poden acadar falantes que teñan unha instrución idiomática media ou alta.
Linguas do mundo
Hoxe en día hai máis de 6.000 linguas, das cales a metade están en perigo de extinción. Normalmente, as fronteiras lingüísticas non se corresponden coas administrativas. Ademais, a distribución lingüística no mundo é moi desigual.
Linguas francas
Esta variedade lévanos a recorrer ás linguas francas. Na actualidade, a lingua internacional é o inglés. Houbo varios intentos de crear unha lingua artificial internacional, como o esperanto, pero non tivo éxito.
Estados monolingües e plurilingües
O exemplo típico de estado monolingüe é o de Islandia. Hoxe en día, a maioría dos estados europeos seguen a ser plurilingües, aínda que moitas das súas linguas están baixo situación de dominación.
Lingua dominante e lingua minorizada
- Cando dúas linguas conviven nun mesmo territorio, a lingua con máis prestixio social e poder económico é a lingua dominante.
- A lingua máis débil desa convivencia está sometida a condicións sociopolíticas que restrinxen o seu uso: é a lingua minorizada.
Estes dous casos son a perspectiva cualitativa. Tamén podemos clasificalas desde a perspectiva cuantitativa, en minoritarias ou maioritarias, dependendo da porcentaxe de falantes. Debido a isto, pódense dar casos de linguas minorizadas pero maioritarias.
Normalización lingüística
Para superar este conflito lingüístico utilízase o proceso de normalización.
Galego dos séculos XIX e XX
O galego escrito neste período coñécese como galego popularizante. Atopámolo entre os escritores considerados precursores e tamén nos pertencentes ao Rexurdimento. As súas características son:
- Presenza de castelanismos, dialectalismos e vulgarismos propios da fala, tomando como referencia a lingua oral popular.
- Amosan unha clara vontade interdialectal e non se limitan a reflectir a fala da súa zona natal.
- Recollen diferentes solucións dialectais para unha mesma palabra.
- Comezaron a escribir en galego sen dispor de ningún referente ou modelo lingüístico (mortales, mortais, mortaes…).
- No que respecta á ortografía, recorren ao modelo fundamental do castelán. Tamén usan apóstrofos e guións para representar as contraccións da lingua.