Conflito lingüístico, prexuízos e literatura no exilio
Classé dans Enseignement
Écrit le en
français avec une taille de 4,06 KB
O conflito lingüístico e a diglosia
O conflito lingüístico defínese como a tensión entre dúas linguas dentro dunha mesma sociedade por asumir un maior número de funcións e falantes. Unha situación de conflito pode perdurar durante moito tempo, tendo dúas solucións:
- Substitución lingüística: proceso polo que consiste no abandono da propia lingua asimilando a lingua dominante.
- Normalización: consiste na recuperación de usos e funcións sociais.
A diglosia prodúcese cando dentro de unha sociedade existen individuos que empregan os dous idiomas, tendo as linguas unha distribución xerárquica: unha lingua A ten usos formais e a lingua B ten uso informal.
Estereotipos e prexuízos lingüísticos
Os estereotipos son categorizacións que nos facilitan o proceso de comprensión do mundo que nos rodea. Os prexuízos xorden da mala utilización dos estereotipos, debido a dúas perversións:
- Non recoñecer excepcións.
- Crer que os atributos son inherentes e non circunstanciais.
O prexuízo son valoracións baseadas en ideas erradas con descoñecemento do asunto que se xulga. Os prexuízos son adquiridos xa que son transmitidos pola familia, o sistema educativo...
A marxinación do galego provocou que se asentase en amplas capas desa sociedade un fondo complexo de inferioridade que se denomina autoodio.
Os prexuízos lingüísticos están moi estendidos e atinxen a todas as linguas en xeral. As linguas minorizadas aféctanas moi negativamente. Os usos diglósicos e a ruptura da transmisión xeracional son dúas gravísimas consecuencias dos prexuízos lingüísticos.
Tipos de prexuízos lingüísticos
Os prexuízos diferéncianse en:
- Prexuízos vellos: Naceron determinados prexuízos que chegaron aos nosos días e que se esquematizan en: Galego-Incultura.
- Estéticos: fan referencia á presunta eufonía, falsamente positivos.
- Socioeconómicos: atribúen un estatus en función da lingua que se utilice.
- Socioculturais: relacionan o galego coa incultura.
- Novos prexuízos: Co retroceso dos prexuízos vellos, naceron outros novos.
- Sobre o proceso de recuperación: a nivel implícito proclama a xerarquización do castelán sobre o galego.
- Mal perfil social para os galegofalantes: Unha variante actual dos prexuízos vellos.
A lingua da diáspora e o exilio galego
Iniciativas das comunidades exiliadas
Organizaron actos culturais como exposicións e conferencias; fundaron novas editoriais que editaron obras como Sempre en Galiza ou A esmorga; editaron xornais, revistas e programas radiofónicos (Galicia Emigrante); constituíron compañías dramáticas e grupos musicais; crearon diversos organismos para promover a cultura; presentaron unha denuncia ante os organismos internacionais sobre a persecución da cultura e do idioma galego.
Características de Luis Seoane
Estilo realista, case xornalístico, poesía discursiva, lóxica, sen metáforas e sobria; temática preferentemente social, co predominio do tema da emigración, visión mítico-reivindicativa de Galicia; escaseza de poemas líricos e persoais e dominio do verso longo case narrativo.
Poemarios de Lorenzo Varela
Catro poemas pra catro gravados e Lonxe. Ambos tratan temas como as vivencias tráxicas da Guerra Civil, o pasado de loita das clases populares, a aparición de figuras emblemáticas ou míticas.
Outros poetas no exilio
Emilio Pita e Eduardo Blanco Amor.
Liñas estéticas no teatro de Blanco Amor
Podemos distinguir entre as obras, pertencentes á liña non realista recollidas en Farsas para títeres; e as obras pertencentes á liña do realismo costumista, recollidas en Teatro pra xente.
Ensaístas no exilio
Castelao, Seoane, Luis Tobío, Antón Alonso, Xosé Núñez, Bieito Cupeiro e Álvarez.