A crise das democracias e o auxe dos fascismos en Europa
Classé dans D'autres langues étrangères
Écrit le en
français avec une taille de 2,18 KB
Tema 9: O cuestionamento das democracias e o auxe dos fascismos
O debilitamento e a crise das democracias en Europa
A desaparición trala 1ª Guerra Mundial dos vellos imperios e a caída das monarquías na Europa central e oriental supuxo a implantación de sistemas republicanos democráticos. Con todo, moitos países sufriron a imposición de réximes autoritarios e ditatoriais de signo claramente antidemocrático.
A crise das democracias nestes países responde a diferentes factores ideolóxicos, políticos e económicos, destacando os seguintes:
- Radicalización dos nacionalismos: As tensións nacionalistas despois da 1ª guerra débense a diversas causas, como o sentimento de revancha nas nacións derrotadas, o non conseguir os territorios desexados ou as dificultades no trazado das novas fronteiras.
- Auxe do militarismo: O papel das forzas armadas na vida política é cada vez maior trala guerra, constituíndose como os defensores e salvadores da patria ameazada, chegando a protagonizar golpes de Estado en colaboración coas autoridades e clases dominantes.
- Descomposición dos sistemas parlamentarios tradicionais: Sustitución dos partidos de notables polos partidos de masas ante a ampliación do sufraxio, o que incrementa o multipartidismo e complica o panorama electoral, obrigando en moitos casos á creación de gobernos de coalición ou de concentración entre forzas políticas de diferente signo para facilitar a gobernabilidade do país, pero tamén contribuíndo á aparición de novas forzas de esquerda nos gobernos.
- Aparición de novas forzas políticas: O comunismo e o fascismo xorden como opostos ao parlamentarismo liberal, pero enfrontados pola súa ideoloxía. As clases dominantes apoiarán os fascismos, xa que temen a revolución social comunista a imitación do modelo soviético.
- As crises económicas e o aumento das tensións sociais: As crises de 1921 e 1929 e a Gran Depresión dos anos 30, co aumento do desemprego, o empeoramento das condicións de vida da clase traballadora e o incremento da conflitividade social.