A España democrática desde 1989 ata os nosos días: os gobernos socialistas de Felipe González

Classé dans D'autres langues étrangères

Écrit le en français avec une taille de 3,76 KB

A España democrática desde 1989 ata os nosos días

1. Os gobernos socialistas de Felipe González

O 28 de outubro de 1982 houbo eleccións e o PSOE gañou por maioría absoluta co lema «polo cambio». UCD, case desintegrada, obtivo uns resultados moi pobres, e ocupou o seu lugar Alianza Popular, liderada por Manuel Fraga, que quedou como o segundo partido máis votado. Insignificante foi o resultado do CDS de Suárez.

Felipe González alcanzou a presidencia e mantívose ata 1996 con maioría absoluta. Isto outorgou unha gran estabilidade aos seus gobernos.

O aspecto negativo destas maiorías absolutas foi que propiciaron o abuso de poder e desvirtuaron a función dalgunhas institucións fundamentais, como as Cortes, que apenas puideron exercer o papel de control sobre o executivo. A segunda metade da década de 1980 foi propicia en casos de corrupción e no desenvolvemento dunha cultura baseada no éxito e no enriquecemento rápido, que constituíu a chamada «cultura do pelotazo», o que produciu un desgaste na imaxe do PSOE. A vitoria electoral socialista interpretouse como a consolidación do sistema democrático. O novo goberno enfrontábase a unha situación nada fácil, cunha grave crise económica, un alto desemprego, un golpismo latente e unha constante actividade terrorista (ETA).

1.1. Unha etapa marcada polos cambios

As políticas de Felipe González foron moderadas, dirixíndose a consolidar a democracia e a loitar contra a crise económica. O goberno abordou unha serie de reformas encamiñadas a asentar as bases do Estado do benestar e aprobou:

  • A reforma das forzas armadas co obxectivo de integrarse na OTAN.
  • A reforma da administración do Estado.
  • A lei do aborto, protestada pola Igrexa católica.
  • Modificación do Código Civil e da Lei de Axuizamento Criminal.
  • Reforma do sistema educativo a través de varias leis: LRU, LODE e LOSGE.
  • Gasto en obras públicas para mellorar as comunicacións (estradas, autovías, aeroportos…).
  • Política social co obxectivo de universalizar a asistencia sanitaria.

1.2. Reformas políticas e conflitos laborais

Primeiro desvalorizouse a peseta para equilibrar a balanza comercial, controlar a inflación e reordenar o sistema financeiro para dotalo de maior estabilidade.

Un dos asuntos económicos máis importantes foi o caso Rumasa. O goberno e o Banco de España detectaron problemas nos bancos Rumasa, un dos máis poderosos do país. Miguel Boyer, ministro de Economía, decidiu privatizalo.

As reformas económicas xiraron arredor de dous aspectos imprescindibles:

  • A reconversión industrial, que afectou a todos os sectores tradicionais en crise (grandes industrias situadas no País Vasco, Cádiz, Cartagena…). Como consecuencia, algunhas empresas pecharon, aumentando o paro e a conflitividade social.
  • A reforma fiscal, de carácter progresivo. O obxectivo era que pagasen máis os que gañaban máis. Facilitou o aumento dos impostos. En 1986 entrou en vigor o imposto sobre o consumo ou IVE.

Os reaxustes económicos e a reactivación económica mundial facilitaron o crecemento da economía española. Nestes anos o país experimentou altas taxas de crecemento, consolidando o Estado do benestar. O punto culminante deste crecemento foi en 1992, coa Exposición Universal de Sevilla e os Xogos Olímpicos de Barcelona. Pero nese ano desatouse unha gran crise mundial.

Contestación social e enfrontamento cos sindicatos

Houbo unha folga xeral en 1988, e o éxito da protesta foi un duro golpe para o prestixio do goberno. As relacións entre a UGT (sindicato irmán do PSOE) e o goberno socialista deterioráronse.

Entrées associées :