Historia Contemporánea: Independencia, Absolutismo e Unificacións
Classé dans D'autres langues étrangères
Écrit le en
français avec une taille de 4,18 KB
A independencia da América española foi un proceso longo e complexo, influenciado pola expansión das ideas liberais, polos cambios de réxime acontecidos en España e polos desexos das minorías criollas, que vian na independencia un medio para liberarse do dominio e do control económico de España.
Restauración absolutista
Tras a derrota de Napoleón, as potencias vencedoras reuníronse no Congreso de Viena e restableceron as formas políticas do Antigo Réxime, ademais de modificar as fronteiras europeas baseándose en tres principios:
- Lexitimismo: só podían reinar as dinastías tradicionais.
- Absolutismo: que derrubaba as leis liberais.
- Equilibrio internacional: para impedir que un reino fose máis poderoso que outro.
Para asegurar o absolutismo e evitar unha nova revolución, os reis de Rusia, Prusia e Austria asinaron o Tratado da Santa Alianza, mediante o cal se comprometían a apoiarse e axudarse en caso de necesidade. Unha das figuras clave deste proceso foi o canciller austríaco Metternich.
Unificación italiana
Tras o Congreso de Viena, a península italiana quedou dividida en sete estados, pero o desexo dos grandes intelectuais e políticos do momento era formar unha única nación. O proceso foi rápido grazas á colaboración do exército de Piemonte e aos Camisas Vermellas. En 1861 creouse o Reino de Italia, que incluía todos os reinos agás Venecia e Roma, que se unirían uns anos máis tarde.
Unificación alemana
Despois do Congreso de Viena quedaron establecidos uns 39 estados, pero os alemáns intentaron buscar a unión para facilitar os intercambios económicos.
Principais potencias do Imperio alemán
No Imperio alemán destacaban o Reino de Prusia e o Imperio de Austria. Prusia foi o motor da unificación, o cal tivo que levar a cabo tres guerras para conseguilo. Finalmente, en 1871 formouse o II Imperio Alemán, con Guillerme I como emperador.
Marxismo
É un movemento ideolóxico e político que xorde como reacción ás consecuencias negativas da Revolución Industrial. Os principios básicos son:
- A sociedade está condicionada polas condicións materiais e económicas.
- A industrialización provoca o triunfo da burguesía e o desenvolvemento do proletariado.
- A loita de clases: a clase obreira debe organizarse para mellorar a súa situación e revolucionarse.
- A propiedade privada pasará ao Estado.
- Ao eliminar a propiedade privada desaparece a diferenza de clases sociais.
Liberais moderados (45) e progresistas (37)
Moderados
- A soberanía reside no rei e nas Cortes.
- O rei está por enriba das Cortes.
- Dereito de voto restrinxido.
- O catolicismo é a relixión oficial.
- Dereitos e liberdades restrinxidos.
- Tribunais sen xurado.
- Centralización administrativa.
- Monarquía constitucional moderada.
- Defensa dos intereses dos máis ricos e da alta burguesía.
Progresistas
- A soberanía reside na nación.
- O poder do rei está limitado.
- Dereito de voto máis amplo.
- Respétanse os cultos relixiosos proscritos.
- Dereitos e liberdades máis amplos.
- Tribunais con xurado.
- Descentralización administrativa.
- Monarquía constitucional progresista.
- Defensa dos intereses da clase media.
Constitucións
Constitución de 1837
- Ideas liberais progresistas.
- Réxime político baseado na monarquía constitucional.
- A raíña tiña o poder de nomear o goberno.
- O pobo elixía aos alcaldes.
- Sufraxio censitario amplo.
- Liberdade de prensa.
Constitución de 1845
- Ideas liberais moderadas.
- Ampliaba os poderes da raíña.
- Recortaba as liberdades.
- Restrinxía o sufraxio censitario.
- Crearon a Garda Civil.
- Todas estas inxustizas deron lugar á aparición dos demócratas.