A influencia da actividade humana no medio ambiente

Classé dans D'autres langues étrangères

Écrit le en français avec une taille de 5,18 KB

A influencia da actividade humana no medio ambiente

1. Intervención humana na natureza

A acción humana sobre o medio natural ten unha dobre dimensión: por unha parte, ocasiona problemas medioambientais; por outra, desenvolve políticas encamiñadas a combatelos e a protexer os espazos naturais.
  • Os problemas medioambientais causados pola acción humana son a sobreexplotación ou explotación do medio por enriba da súa capacidade de rexeneración; a contaminación ou adición de materias nocivas nunha proporción non asimilable pelo medio; e a destrución ou desaparición total de elementos ambientais.
Na actualidade, a política medioambiental española está determinada polos acordos internacionais subscritos fronte aos problemas ambientais globais; polas directrices medioambientais da Unión Europea; e polas normativas estatais e autonómicas.


A contaminación é unha das maiores e máis negativas consecuencias que teñen as actividades humanas. Supón a introdución dunha substancia en cantidade suficiente para resultar perxudicial para a saúde dos seres vivos.

3.1. A contaminación atmosférica

As causas da contaminación son as emisións de substancias como dióxido de xofre (SO2), óxidos de nitróxeno (NOx), partículas contaminantes en suspensión (PM) e ozono (O3). Proceden das instalacións de combustión (centrais térmicas, caldeiras industriais e domésticas), do transporte, de certas industrias e do sector agrario.
Os tipos principais de contaminación son tres:
  • A chuvia ácida: É unha precipitación cunha acidez superior á normal. Prodúcese cando substancias acidificantes como o dióxido de xofre (SO2) e os óxidos de nitróxeno (NO) procedentes da queima de combustibles fósiles mestúranse co vapor de auga da atmosfera e caen á superficie terrestre.
  • A campá de po: É unha néboa formada por partículas en suspensión que proceden das instalacións de combustión, do tráfico e de certas industrias como a cementeira e a de incineración de residuos. Aféctalles sobre todo ás grandes cidades españolas.
  • A néboa fotoquímica: É unha bruma ocasionada pola formación de ozono troposférico (O3) a rentes do chan. Prodúcese pola reacción da luz solar intensa con certos contaminantes, entre eles os óxidos de nitróxeno procedentes do tráfico.



O quentamento global e outros tipos de contaminación

O quentamento global é o aumento da temperatura media da atmósfera. É un proceso cíclico, pero as actividades humanas están alterando este proceso natural polo incremento da emisión de gases de efecto invernadoiro.
  • A contaminación química: Significa a introdución de sustancias perigosas para a saúde e para o medio ambiente.
Contaminación radioactiva: Débese á dispersión de materias radioactivas.
Contaminación térmica: Débese a introducir nos medios acuáticos auga a elevadas temperaturas.
Contaminación acústica: É a emisión de ruído de forma molesta para as persoas ou para o medio.
Contaminación lumínica: É a emisión de luz artificial durante a noite cunha intensidade moi alta.
Contaminación da auga: A causa das verteduras de augas residuais.
A causa principal é un aumento do efecto invernadoiro producido polo vapor de auga e certos gases como o dióxido de carbono (CO2), o metano (CH4) e o óxido nitroso (N2O). De forma natural, estes gases actúan como o cristal dun invernadoiro: deixan pasar a radiación solar, pero reteñen parte da calor irradiada pola superficie terrestre, evitando que escape ao espazo exterior. Pero o aumento de gases de efecto invernadoiro (GEI) pola produción enerxética, polo transporte, certas industrias e polas actividades agrarias, unidas aos incendios e á deforestación, fai que a cantidade de calor retida sexa maior, ocasionando un quentamento global do planeta.

As consecuencias do cambio climático

As consecuencias do cambio climático serán graves para o medio ambiente e as actividades humanas en España:
  • A elevación do nivel do mar supoñerá a desaparición ou a redución de praias, costas baixas (Manga del Mar Menor e Doñana) e deltas (Ebro, Llobregat).
  • Incrementaranse as situacións extremas como secas, inundacións e tormentas.
  • Os recursos hídricos e os glaciares sufrirán importantes reducións.
  • Os bosques veránse minguados en favor da matogueira, e aumentará a erosión do solo.
  • A biodiversidade padecerá extincións locais polo incremento das pragas e de especies invasoras; e producirase unha migración altitudinal dalgunhas especies.
  • As actividades agrarias resentiranse polo aumento da seca e polas pragas.
  • Ademais, a saúde humana verase afectada polas ondas de calor e por un aumento das enfermidades subtropicais.

Entrées associées :