Lingua e literatura galega: banda deseñada e Neira Vilas

Classé dans D'autres langues étrangères

Écrit le en français avec une taille de 4,33 KB

Elementos da banda deseñada

Plano detalle: un anaco dun corpo ou dun obxecto, para que o lector fixe ben a súa atención nel.

Segundo o ángulo de visión do debuxante, hai distintos encadramentos:

  • Normal: a acción é vista horizontalmente, á altura dos ollos.
  • Picado: a escena é vista dende arriba.
  • Contrapicado: dende abaixo.

Outros recursos

Posúe recursos extralingüísticos e iconográficos característicos:

  • Globo ou bocadillo: reproducen o que os personaxes falan ou pensan.
  • As onomatopeas: representan os ruídos que se producen no desenvolvemento da acción; xeralmente saliéntanse mediante a cor, o tamaño, etc.
  • Os sinais cinéticos ou liñas de movemento: marcan a traxectoria dun personaxe ou obxecto e dan sensación de movemento.
  • As metáforas visuais ou ideogramas: expresan estados de ánimo, sensacións...
  • Os xestos: reflicten os sentimentos e actitudes dos personaxes.

Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas (familia labrega, funda a editorial Follas Novas) é autor dunha amplísima obra literaria na que se inclúen narrativa, poesía e ensaio. Como narrador é autor das seguintes novelas e libros de relatos.

A súa obra narrativa podemos clasificala desde dous puntos de vista:

  1. Segundo o espazo no que se sitúan as obras: Galicia / América.
  2. Segundo o protagonista das mesmas: infantil / adulto.

Temas principais

Cómpre sinalar dous temas principais:

  • A Galicia rural: nuns casos mediante protagonistas infantís ou adolescentes (Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo) e noutros con protagonistas adultos (Xente do rodicio, A muller de ferro, Querido Tomás). En todas elas fai un retrato da Galicia campesiña da posguerra, dominada pola miseria, a opresión, os prexuízos, a dominación política...
  • A Galicia emigrante: Historias de emigrantes e Tempo novo. Nestas obras presenta a vida dos emigrantes galegos en América, os problemas de adaptación ao mundo urbano, o illamento, a saudade da Terra...

Memorias dun neno labrego conta desde a óptica do protagonista —Balbino— a vida dun rapaz nunha aldea do interior de Galicia e presenta as súas inquedanzas e frustracións. É un dos libros máis lidos da nosa literatura e foi traducido a varios idiomas. A pesar de que o tema pareza tan tradicional, Neira Vilas introduce cantidade de renovacións técnicas.

Vocabulario: xustiza e leis

  • Testamento: documento ou declaración voluntaria na que unha persoa expresa a onde deben ir parar os seus bens unha vez que teña morto.
  • Testamentario: relativo ao testamento (documento).
  • Testar: facer testamento.
  • Herdanza: dereito de herdar que ten unha persoa por lei ou por testamento.
  • Herdeiro: aplícase á persoa que recibe os bens, o diñeiro ou os dereitos dunha persoa cando esta morre, en cumprimento da lei ou das disposicións sinaladas nun testamento.
  • Bens mobles: son aqueles que poden trasladarse facilmente dun lugar a outro, mantendo a súa integridade e a do inmoble no que se atopan depositados.
  • Bens inmobles: (xd).
  • Bens raíces: (xd).
  • Bens gananciais: todos aqueles bens adquiridos polos cónxuxes durante o matrimonio, a excepción dos recibidos a título gratuíto.
  • Bens hereditarios: (xd).
  • Ben: o que supón algún proveito, algunha utilidade, algunha satisfacción para algo ou alguén.
  • Alegar: citar un feito como proba.
  • Denunciar: comunicarlle á autoridade competente a comisión dun delito ou o nome dunha persoa que o cometeu.
  • Arquivar: pechar ou dar por rematado o caso.
  • Desestimar: contestar negativamente a unha petición, instancia, recurso, etc.

Entrées associées :