Literatura galega: do exilio ao século XXI

Classé dans Enseignement

Écrit le en français avec une taille de 9 KB

A literatura galega no exilio

Tras o alzamento militar contra a República comezou unha represión brutal: paseos, depuracións… Algúns fuxiron a Portugal e outros uníronse á resistencia armada, a guerrilla. O galeguismo político foi marxinado e perseguido pola ditadura. O Partido Galeguista mantivo actividade nos anos 40 con Ramón Piñeiro e desaparece nos anos 50, dando paso ao galeguismo cultural de Galaxia. No exilio mantivo a súa presenza co Consello de Galiza (1944), especie de goberno galego presidido por Castelao.

Nos anos 40, a cultura galega mantívose grazas aos exiliados (de Bos Aires, Montevideo, México…). Alí continuou a produción cultural galega (editoriais, radio, revistas, teatro…). De 1940 a 1944 publicáronse en América 18 libros en galego, varios en castelán, sobre a nosa cultura, pero ningún en Galiza.

A figura máis importante é Castelao, coa súa labor política e social. En Bos Aires estrea Os vellos non deben namorarse (1944; en Galiza no 1953 publícase e no 1961 estréase), Sempre en Galiza (1944) e As cruces de pedra na Galiza (1950).

Poesía do exilio

Luis Seoane naceu en Bos Aires en 1910 e morreu na A Coruña en 1979. Veu de neno a Galiza, mais fuxiu en 1936 e regresou en 1963. En Bos Aires tivo unha gran actividade: fundou revistas (Galicia Emigrante), radio, foi un gran pintor e ilustrador de libros. En Galiza, xunto a Isaac Díaz Pardo, formou o Grupo de Formas de Galiza, que orixinou a cerámica de Sargadelos.

Os seus trazos son:

  • Estilo realista-xornalístico
  • Poesía sobria e chea de paixón
  • Verso longo predominante, seminarrativo
  • Temas sociais e emigración desde a perspectiva emigrante
  • Case sen poemática persoal

Un exemplo é Fardel exiliado (1952). Tamén escribiu teatro en galego.

Lorenzo Varela (A Habana, 1916 – Madrid, 1978) escribiu dous libros de poesía en galego, o máis significativo é Lonxe (1954). Dominan os temas mítico-históricos, o exilio e a ausencia da terra.

Tamén Emilio Pita e Jacobo Lanel.

Narrativa do exilio

A narrativa escribiuse no exilio e publicouse na democracia. Son obras realistas con elementos autobiográficos, coa temática da Guerra Civil, así como dos anos inmediatamente posteriores. Nos textos reflíctese o mundo dos guerrilleiros antifranquistas e a represión.

  • Non agardei por ninguén, Ramón Vázquez (Venezuela, 1957)
  • O silencio reducido, Silvio Santiago (1976)
  • O señor Afranio, Antón Alonso (1979)

Tamén se publicaron obras clave da nosa literatura como A esmorga (Bo Amor) ou Memorias dun neno labrego (Neira Vilas), un dos libros máis importantes de toda a literatura galega.

Teatro do exilio

Manuel Varela Buxán foi un dos máis animadores do teatro galego en Arxentina. Foi actor e director. Escribiu obras rurais, costumistas e humorísticas. Coa súa compañía (Maruxa Villanueva) representou Os vellos non deben namorarse, unha referencia do teatro galego pola súa modernidade e carácter vanguardista.

En Bos Aires, Blanco Amor dirixiu o Teatro Popular Galego (1957) e escribiu Farsas para títeres (1973) e Teatro para a xente (1974). Algunhas obras son realistas e costumistas; as farsas non realistas lembran o esperpento de Valle-Inclán.

Ensaio

Destacan Antón Alonso e Lois Pereiro.

Conclusión

As comunidades galegas do exilio mantiveron a nosa actividade cultural a través de editoriais, revistas, radio, teatro, etc. A literatura do exilio salvou a lingua escrita culta da desaparición e serviu de estímulo na Galiza interior. Os xéneros poético e dramático foron os máis desenvoltos, con contidos reivindicativos e intimistas. Bos Aires pasou a ser a capital cultural de Galiza.

A literatura galega desde a democracia

Tras a morte de Franco en 1975 comeza para Galiza unha nova era. A presenza da lingua e da literatura galegas no ensino e a oficialidade do idioma supoñen un impulso para a promoción literaria. Multiplícanse editoriais, revistas e premios.

Poesía

Con Pólvora e magnolias (Méndez Ferrín) marcouse a ruptura co realismo social e abriuse a temas novos: intimismo existencial, metafísica, un estilo máis culturalista. Máis tarde destacará Luis Seoane con Na bretema ou Sant-Iago.

A xeración dos 80

Características principais:

  • Ruptura co realismo social
  • Novos suxeitos líricos
  • Experimentación e interdisciplinariedade (coa música, etc.)
  • Culturalismo e intertextualidade (referencias filosóficas, mitolóxicas…)
  • Temas intimistas (amor, morte, paso do tempo…)
  • Elementos da cultura urbana e marxinal: drogas, depresións
  • Erotismo explícito
  • Recreación mítica e barroquismo

A renovación vén de colectivos poéticos como Rompente, Alén e Cravo Fondo. Tamén destacan Manuel Vilanova, Xosé María Álvarez Cáccamo (Praia das Furnas), Miguel Anxo Fernán-Vello (Do desexo en corpo e sombra), Manuel Forcadela (Ferida acústica do río), Manolo Rivas (Balada das parias do oeste), Ana Romaní (Palabra de mar) e Baixeras (Fentos no mar).

A xeración dos 90

Na xeración dos 90 hai menos tendencias comúns e a poesía é máis individualista. Domina a pluralidade: desde unha visión formal e clásica ata o versolibrismo, do minimalismo a obras case narrativas. Na temática adóptase unha actitude provocadora (no sexual, ideolóxico, literario…) ou enfoques máis tradicionais (amor, soidade, morte…).

Algunhas características comúns poden ser unha linguaxe máis coloquial, novos temas sociais e a difusión dos versos por internet.

A muller incorpórase á poesía cunha vertente feminina e feminista (sexualidade feminina, ruptura da poesía masculina…). Algunhas das máis coñecidas son Luisa Villalta, Chus Pato e Lupe Gómez. Xorden novos autores como Anxo Quintela, Miro Villar e Millán Otero.

En resumo, esta época foi de auxe para a cultura galega e a poesía. Destaca sobre todo o seu gran desenvolvemento, diversidade temática e formal. Pola contra, como a poesía dos 80, a dos 90 terá voces novas e reivindicará o mundo actual. A súa linguaxe será simple e directa.

O teatro galego desde a democracia

Tras a morte de Franco, a democracia supuxo un cambio na literatura. O mesmo ocorre co teatro, que, aínda así, segue a ser o xénero menos cultivado da historia literaria galega. Distínguense tres trazos do teatro actual:

a) Formación de compañías profesionais (1978-1983)

Grupos nados ao redor das Mostras de Ribadavia. Destaca Sarabela Teatro, en Ourense, que hoxe en día continúa vixente.

b) Institucionalización (1984-1991)

Coa creación do Centro Dramático Galego (1984) xorden novas compañías profesionais, como o Teatro do Morcego (Cangas).

c) Desenvolvemento

Multiplícanse as compañías profesionais e aparecen algunhas alternativas. Ponse en funcionamento a Rede Galega de Teatros e Auditorios (1996), que permitiu unha oferta máis estable e descentralizada. No curso 2005-2006 arranca en Vigo a Escola Superior de Arte Dramática.

Neste tempo aumentan as publicacións e coleccións de teatro, como os Cadernos da Escola Dramática Galega.

Liñas temáticas

A maioría dos estudosos do teatro distingue catro liñas que se entrecruzan: a crítica, a irónica, a lúdica e a culta. O teatro crítico será sobre todo humorístico e satírico, reflectindo aspectos da nova realidade. A lúdica maniféstase en comedias e enredos. A corrente culturalista caracterizarase polo «teatro dentro do teatro», a interacción en escena e a intertextualidade, con textos xa cultivados por Álvaro Cunqueiro.

Autores

Os que participaron nas Mostras de Ribadavia constituíron o Grupo Abrente, con autores como Euloxio Ruibal (Azos de esguellas), Manu Lourenzo (Electra) e Roberto Vidal Bolaño.

Na posguerra dos 80 destacan Manu Gende (Oliva), tradutor e adaptador de clásicos (Ibsen, Shakespeare…), director do Centro Dramático Galego e premio Álvaro Cunqueiro en 2006; Joán Guisán e Xesús Pisón.

Na xeración dos 90: Quico Cadaval (actor, contacontos, director e autor de teatro), Cándido Pazó (actor, contacontos, director e autor teatral) e Raúl Dans (Matalobos).

Conclusión

En conclusión, o teatro galego tivo unha evolución desde o século XX ata comezos do XXI. Nos anos 80, o teatro profesional e institucional e, nos 90, a diversificación en subxéneros e a experimentación estética supuxeron os grandes avances.

Entrées associées :