Marco histórico 1808-1876 : da Guerra da Independencia ao Estado liberal

Classé dans D'autres langues étrangères

Écrit le en français avec une taille de 3,12 KB

Núcleo 1 : síntese do marco histórico (1808-1876)

Tras a Guerra da Independencia (1808-1814) contra o dominio francés, Napoleón decidiu recoñecer a Fernando VII como monarca lexítimo (Tratado de Valençay). O fin da guerra e o retorno do rei representou un forte retroceso político.

A Constitución de Cádiz e o absolutismo

A Constitución de Cádiz (1812), elaborada polas Cortes de Cádiz, afirmaba no seu artigo 3 que «a soberanía reside na nación e ten o dereito de establecer as súas leis». As súas pretensións eran regular o exercicio do poder, reorganizar a sociedade, aceptar o sufraxio universal e garantir amplos dereitos. Non obstante, foi abolida, restaurouse o absolutismo e os políticos liberais foron duramente perseguidos.

Tras a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823), que puxo fin ao Trienio Liberal iniciado co pronunciamento de Riego (1820), e por acordo dos estados neoabsolutistas europeos no Congreso de Verona (1822) en nome da Santa Alianza, Fernando VII restableceu de novo o absolutismo. Este prolongouse ata 1833 na denominada «Década ominosa», período no que a Constitución de Cádiz volveu ser abolida e a persecución antiliberal se intensificou.

A crise dinástica e a I Guerra Carlista

O nacemento de Isabel II deu lugar a un grave conflito dinástico que derivou na I Guerra Carlista ou «Guerra dos Sete Anos» (1833-1840). Este feito, unido ao triunfo do liberalismo na Francia de xullo de 1830, creou un ambiente máis propicio para o activismo liberal, factores que explican o acceso ao goberno dos liberais progresistas e o proceso constituínte de 1836-1837.

O proceso constituínte de 1836-1837

  • A forza dos progresistas residía no dominio do movemento popular: en 1835 protagonizaron revoltas urbanas a través de Xuntas e Milicias, que levaron a Mendizábal ao goberno.
  • Cando Mendizábal iniciou un programa de reformas económicas baixo os límites do Estatuto Real de 1834, sectores eclesiásticos e nobiliarios presionaron á rexente Mª Cristina de Borbón a favor dun goberno moderado presidido por Istúriz.
  • O Motín de San Ildefonso (La Granja) e a formación de novas Xuntas no verán de 1836 devolveron o poder aos progresistas de Calatrava, que restableceu a Constitución de Cádiz ata que as Cortes constituíntes aprobaron a Constitución de 1837, que pechou a transición do absolutismo ao Estado liberal en España.

O reinado de Isabel II e a Constitución de 1845

En 1844, finalizada a rexencia de Espartero e declarada Isabel II maior de idade, comezou o seu reinado persoal cun goberno formado por membros do Partido Moderado, que ocupou o poder ata 1854. Durante este mandato desenvolvéronse novos mecanismos de poder: unha nova Constitución (1845), a creación da Garda Civil, unha lei electoral máis restritiva e un amplo impulso á administración estatal (educativa, fiscal, etc.), xunto coa aprobación do Concordato de 1851.

Entrées associées :