La narrativa et l'essai galiciens au XXIe siècle

Enseignement3,67 KB

A narrativa galega nos primeiros compases do século XXI

Na narrativa actual cabe destacar unha contracción na dinámica editorial, consecuencia de factores como o impacto xeral da actual crise económica, o auxe das traducións para galego de narrativa de calidade e a decisión das principais editoriais do país de apostar por unha política de publicación máis esixente e restritiva.

Pero o trazo máis significativo do panorama narrativo é a potente eclosión da narrativa de mulleres, caracterizada por :

  • un marcado protagonismo feminino;
  • o afán de autoafirmación individual e colectiva;
  • o cuestionamento dos valores patriarcais e dos roles tradicionais;
  • a visibilización da solidariedade feminina;
  • a abordaxe das relacións entre mulleres;
  • a reivindicación das figuras femininas e a presenza dun enfoque psicolóxico.

Un exemplo é Rosa Aneiros coa triloxía Ámote Leo A.

O ensaio nas últimas décadas

Este xénero foi inaugurado polo grupo Nós na Guerra Civil e retomado na posguerra polo grupo Galaxia. Na produción ensaística actual conviven o ensaio propiamente dito con outro tipo de traballos, tamén en prosa, que se asimilan a el: traballos de divulgación, libros de entrevista…

Durante as décadas dos oitenta e dos noventa conxugáronse distintos factores que produciron unha auténtica eclosión do xénero:

  • a aparición ou consolidación de diversas revistas;
  • a creación de coleccións específicas para o xénero ensaístico nas principais editoriais xeneralistas (Galaxia) e a creación doutras (Ir Indo);
  • o traballo recompilador e investigador de diversas institucións culturais e fundacións, como a RAG e o Consello da Cultura, e a convocatoria de certames específicos;
  • a galeguización de certas esferas universitarias, que permitiu a formación de novas promocións e o desenvolvemento de liñas de investigación propias sobre Galiza.

Neste marco abórdanse gran variedade de temas, entre eles:

  • O ensaio económico, abordado por autores como Ramón López Suevos, Nogueira ou Fernández Leiceaga;
  • O ensaio político e xurídico, como Xosé Luís Barreiro Rivas, Camilo Nogueira e Suso de Toro;
  • O ensaio histórico: destacamos a Justo G. Beramendi co seu traballo De provincia a nación, no que toca o tema da división en provincias de Galicia;
  • O ensaio sociolóxico e psicolóxico: Marcial Gondar;
  • O ensaio cultural e artístico (e o máis galeguizado), que incorpora autores como Antón Figueroa e Antón Patiño cos seus ensaios sobre a pintura;
  • O ensaio didáctico e pedagóxico: O seminario de educación para a paz de Xesús R. Jares;
  • O ensaio lingüístico e sociolingüístico: Carballo Calero con Da fala e da escrita, Xesús Alonso Montero, María Pilar García e Carlos Callón;
  • O ensaio teolóxico e filosófico: Xosé Chao Rego (un dos principais impulsores do cristianismo galeguista) e Antón Baamonde, A loita polas palabras;
  • Ensaio antropolóxico e etnográfico: Marcial Gondar e Ramón Mariño Ferro;
  • O ensaio feminista: Carme Adán e Aurora Marco;
  • O ensaio científico medioambientalista: Jorge Mira;
  • Biografías, memorias e conversas: entre as memorias máis representativas destacamos as de Neira Vilas e Agustín Fernández Paz.

Télécharger

PDF Word HTML