A Oposición Democrática e a Represión Franquista

Classé dans D'autres langues étrangères

Écrit le en français avec une taille de 3,47 KB

A Oposición Democrática e a Represión Franquista

A Oposición Social

Desde 1960 ata a morte de Franco, a oposición social adquiriu protagonismo:

  • O movemento obreiro: O desenvolvemento industrial aumentou o número de traballadores e estes querían acabar co réxime franquista. Naceu Comisiones Obreras (1964), movemento unitario, democrático e reivindicativo cunha orientación comunista. A pesar da ilegalidade das folgas, a conflitividade laboral aumentou nos sectores máis dinámicos. Creáronse organizacións como HOAC, JOC, USO e OIT.
  • As revoltas estudantís: A universidade foi un foco de oposición permanente ao franquismo. O réxime reprimiu con dureza as manifestacións.
  • O movemento veciñal: Manifestouse contra os plans urbanísticos.
  • Unha Igrexa renovada: Abandonouse o nacionalcatolicismo, afectáronse as relacións coa Santa Sé, e o réxime suavizou a política relixiosa aprobando a Ley de Libertad Religiosa.

A Oposición Política

Houbo organizacións clandestinas no interior de España. O Partido Comunista de España (PCE) foi o máis activo e organizado, e o que máis represión sufriu. O fracaso da folga xeral de 1959 provocou a execución de Julián Grimau en 1963. Xurdiron organizacións terroristas como a FRAP.

Ao IV Congreso do Movemento Europeo de Múnic de 1962 foron invitados opositores do franquismo, e o goberno actuou con dureza contra eses participantes españois.

Os nacionalismos periféricos foron un referente das forzas da oposición. No País Vasco destacou ETA, que levou a cabo atentados sanguentos.

Os Intentos de Adaptación á Nova Realidade

Algúns políticos franquistas defenderon a necesidade de facer reformas para evitar o derrubamento do réxime.

Novo Impulso Lexislativo

A Ley de Régimen Jurídico de la Administración Civil del Estado (1957) separou a actividade do goberno da do Estado. En 1971 está a Ley Sindical.

A Ley de prensa e imprenta de 1966 eliminaba a censura e favorecía a aparición de novos medios de comunicación e de editoriais. Carrero Blanco non a defendeu.

Nese mesmo ano xurdiu a Ley Orgánica del Estado, a cal era unha lei fundamental con que o réxime intentaba satisfacer as esixencias democráticas do contorno europeo. Por outra parte, volveu a monarquía coa Ley de Sucesión de 1947. Franco nomeou rei a don Xoán Carlos de Borbón.

Nestes anos aprobáronse leis importantes como a da Seguridade Social, Ley de la Libertad Religiosa, Ley General de la Educación…

Política Exterior e Aproximación á CEE

Melloráronse as relacións con EE. UU., países hispanoamericanos, Reino Unido e establecéronse lazos comerciais con países do bloque comunista.

A descolonización dos territorios africanos e o achegamento á Comunidade Económica Europea (CEE) foron positivos para España.

En 1975, en plena agonía de Franco, Hasán II invadiu a zona fronteiriza da colonia de forma pacífica coa chamada Marcha Verde. O goberno quixo evitar a guerra e entregoulle a colonia a Marrocos. Respecto a Europa, en 1962 o goberno español solicitou un acordo de asociación á CEE. En 1970 foi ese acordo preferencial que resultou beneficioso para España e mellorou as relacións comerciais.

Entrées associées :