O Rexurdimento galego

Enseignement2,76 KB

O Rexurdimento

Autores e obras

Vicente Turnes: Escribiu panxoliñas e poemas de carácter áulico, de temas relacionados cos acontecementos da vida da casa real española, patrióticos e satíricos. Traduciu ao galego o Envanxeo de San Mateo.
Xoán Manuel Pintos: Escribiu A gaita gallega. Foi concibida como un método de aprendizaxe e exaltación do galego e destaca pola riqueza do léxico e pola xenuinidade da sintaxe.
Francisco Añón: Na súa produción poética hai composicións de tipo costumista. Escribiu o himno patriótico «A Galicia», e tamén A pantasma, O magosto, A leiteria e Recordos da infancia.
Alberto Camino: Como poeta elexíaco escribiu O desconsolo e A nai chorosa; como poeta costumista, A foliada de San Xoán, A beldrica e Repique. De circunstancia escribiu O nacemento do real meniño e, como compositor de panxoliñas, Falade ben baixo, Alegría, festa e rúa.
Marcial Valladares: Escribiu a primeira novela en galego, Maxina ou A filla espúrea, e un Diccionario gallego-castellano. A maior parte das súas composicións aparecen recollidas no Álbum de la Caridad.
Xosé Pérez Ballesteros: Cancioneros populares gallegos e, en particular, da provincia de A Coruña; Versos en dialecto gallego; Foguetes.

Períodos do Rexurdimento

  • O período precursor (1833-1863)
  • O Rexurdimento pleno (1863-1888)
  • O período finisecular (1888-1916)

Obxectivos do Rexurdimento

  • O cambio da consideración negativa do galego e a ampliación das súas funcións sociais.
  • O estudo, depuración e perfeccionamento da lingua co fin de conseguir un modelo de galego culto, por riba das variedades dialectais.
  • A recuperación do pasado histórico de Galicia.
  • A reivindicación da singularidade de Galicia e do galego como pobo con características propias.

Fin do Rexurdimento

O puto divino sainete

  • Sátira anticlerical: atopamos un ataque patente contra os mandatarios eclesiásticos.
  • Sátira literaria: o autor laméntase do mal trato que os escritores padecen por parte da sociedade galega.
  • Sátira de costumes: os vicios humanos son obxecto dos seus ataques despiadados.
  • Sátira social: descríbese a situación da sociedade galega do seu tempo, con especial atención aos labregos.

Télécharger

PDF Word HTML