Rosalía de Castro: Biografía e Obras

Classé dans Enseignement

Écrit le en français avec une taille de 3,19 KB

Rosalía de Castro

Nada en Santiago de Compostela en 1837, filla dun cura e dunha fidalga, criouse no campo (Ortoño) cunha tía paterna. De adolescente vai vivir a Santiago coa súa nai e frecuenta os círculos culturais galeguistas, como o Liceo de la Juventud, onde coñece a Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. Casou con Manuel Murguía e morreu en Padrón en 1885. Ten un carácter pesimista, cunha inclinación ao distanciamento social, e sempre en loita cunha sociedade pouco favorable á presenza feminina na literatura e en todos os outros ámbitos sociais.

Obras literarias

  • 1. Cantares Galegos (1863): Escrito en galego integramente, considérase o inicio da literatura galega contemporánea; é un poemario. A súa temática é reivindicativa e está inspirada na poesía popular. Aparece unha rapaza que simboliza Galicia e canta á súa terra, exaltando a súa beleza. Tamén hai outros poemas que exaltan a lingua galega, o tema amoroso ou denuncian situacións inxustas, mentres que noutros son máis personais e confesa a súa tristeza e melancolía.
  • 2. Follas Novas (1880): Ten 5 seccións: as dúas primeiras ("Vaguedás" e "Do íntimo") son composicións de carácter persoal e existencial. As dúas últimas ("Da Terra" e "As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos") tratan dunha crítica de Galicia. A outra ("Varia") é unha mestura das outras dúas.
  • 3. Conto Gallego (1923): Relato breve de carácter popular publicado despois da súa morte.
  • 4. En las orillas del Sar (1884): Última obra de Rosalía antes de morrer e a máis importante en castelán.

Características temáticas

Hai 3 liñas temáticas: a costumista, a cívico-patriótica e a intimista.

  • 1. Liña costumista: Como se criou na aldea, coñece ben os tipos populares e os costumes do país, recolollenos nos seus poemas e reivindica o respecto e a dignidade para o pobo galego.
  • 2. Liña cívico-patriota: Rosalía loita polas inxustizas que sofre o pobo; tamén é moi sensible coa situación das mulleres, coa súa explotación laboral, coas viúdas dos vivos e coas inxustizas permitidas.
  • 3. Liña intimista: Reflicte os seus sentimentos máis íntimos: tristeza e angustia vital. Mentres en Cantares Galegos manifesta a nostalxia que lle provoca a poesía, a evocación dos antepassados e da terra, en Follas Novas Rosalía evoca unha dor profunda, desacougo, tristeza...

Características formais

Utiliza características da lingua popular da zona onde se criou, entre Compostela e Padrón, como a gheada, o seseo ou os plurais rematados en -ns. Tamén utiliza castelanismos. Emprega a métrica tradicional (en Cantares Galegos, con estrofas de arte menor e 8 sílabas) e unha métrica máis innovadora en Follas Novas. Igualmente, utiliza recursos da lírica popular como: paralelismos, comparacións, metáforas e o simbolismo que representa a dor e a angustia vital que expresa nos seus poemas.

Entrées associées :