Routers e táboas de encamiñamento: funcións e protocolos
Routers e as súas características
Proporcionan conectividade entre redes situadas en distintos lugares.
- Interpretan as direccións lóxicas da capa 3 (rede), no canto das direccións MAC das pontes e switches.
- Son capaces de cambiar o formato da trama.
- Posúen un elevado nivel de intelixencia e manipulan diferentes protocolos.
- Proporciónanlle seguridade á rede (son configurables).
- Reducen a conxestión da rede illando o tráfico e os dominios de colisión.
Tipos de routers segundo a súa localización
- De interior: trátase dun router para ser instalado nunha LAN para darlle servizo de encamiñamento á propia rede.
- De exterior: o router comunica nodos e redes no exterior da LAN.
- De fronteira: é un encamiñador que se encarga de comunicar routers exteriores con interiores.
Táboas de encamiñamento
- Destino de rede: úsase xunto coa máscara de rede para determinar a exacta correspondencia coa IP de destino específica.
- Máscara de rede: delimita os bits da dirección IP destino que deben coincidir cos bits da IP do campo destino de rede.
- Porta de enlace: a dirección IP da porta de enlace é a que utiliza o host para reenviar os paquetes a outras redes cuxa ruta exacta descoñece.
- Interface: corresponde á dirección IP do propio dispositivo.
- Métrica: indica o número de saltos que realiza o paquete para chegar ao destino.
Protocolos de rede e encamiñamento
- Protocolo de enrutado: é un protocolo da capa 3 (rede) que aplica direccións lóxicas aos dispositivos e encamiña datos entre redes. Exemplo: IP.
- Protocolo de enrutamento: este tipo de protocolos constrúen dinamicamente a rede, a topoloxía e a información do seguinte salto nas táboas de rutas. Exemplo: RIP, IGRP e OSPF.
Modos de recheo da táboa de encamiñamento
Enrutamento non adaptativo ou estático
Non adaptativo ou estático: non se adapta aos cambios da rede e por iso o administrador da rede introduce manualmente a información na táboa (enrutamento estático).
- Fácil de configurar en redes pequenas.
- O tráfico diminúe.
- Para chegar a un destino, os paquetes seguen a mesma ruta.
- Consume menos recursos do encamiñador (afórrase ancho de banda).
- Cada vez que cambia a topoloxía da rede, o administrador debe introducir os cambios.
Enrutamento adaptativo ou dinámico
Adaptativo ou dinámico: enche a táboa de forma automática mediante o intercambio de información periódica de encamiñadores veciños. Adáptase aos cambios na rede (encamiñamento dinámico). Ten que estar configurado para utilizar protocolos.
- É moi útil en redes grandes e complexas.
- Os protocolos de encamiñamento son máis difíciles de configurar.
- O administrador da rede debe dominar os protocolos dinámicos que configura para evitar sobrecarga (paquetes na rede).
Protocolos de encamiñamento dinámico
- Vector-distancia: é un algoritmo sinxelo que se basea en calcular o número de encamiñadores que traspasa cada datagrama ata chegar ao seu destino.
- Estado de enlace: é un algoritmo de implementación máis complexa. Cada encamiñador comunica a que distancia se atopa respecto dos seus encamiñadores veciños e a velocidade de conexión que ten con eles. Logo, calcula o camiño máis óptimo para cada datagrama.