Semántica : unidades, relacións e cambios de significado

D'autres langues étrangères2,77 KB

Semántica

Unidades mínimas de estudo semántico

Unidades de só significado

  • Sema: trazo mínimo de significado.
  • Semema: conxunto de semas (sema + sema + sema…).

Unidades de significante e significado

  • Lexema: mínima unidade sígnica con significado e significante.

Denotación e connotación

A denotación é o significado obxectivo ou recto dunha palabra, sen ningún complemento valorativo, afectivo ou sentimental.

A connotación é o significado valorativo que adquiren as palabras por asociación cun determinado sentimento, recordo ou experiencia. Estas connotacións xeneralizadas reciben o nome de estereotipos.

O campo semántico

Conxunto de palabras que comparten trazos semánticos ou semas.

As relacións semánticas

Relacións entre significados

De incompatibilidade
  • Antonimia
    • Perfecta (alto ↔ baixo)
    • Gradual (grande ↔ pequeno)
    • Recíproca (comprar ↔ vender)
    • Contextual (verde ↔ maduro)
  • Paronimia (esterno ≈ externo)
De inclusión
  • Hiponimia (FLOR > rosa)
  • Hiperonimia (FLOR > rosa)
  • Cohiponimia (FLOR > rosa, caravel, camelia…)
  • Meronimia (COPA > viño)

Relacións entre significantes e significados

  • Sinonimia
    • Total (computadora = ordenador)
    • Parcial (alento ≈ bafo)
  • Polisemia: relación semántica segundo a cal a un mesmo significante lle corresponden varios significados, relacionados entre si dalgunha maneira.
  • Homonimia: relación na que un mesmo significante posúe significados distintos, coa diferenza de que, na homonimia, cada significante procede etimoloxicamente de palabras diferentes.
    • Homófona: soan igual pero escríbense de distinto xeito (balor ≈ valor).
    • Homógrafa: pronúncianse e escríbense igual.

O cambio de significado

  • Tabú: palabra de orixe polinesia que significa «prohibido, sagrado». Aplícase a todas aquelas palabras que, por pudor, elegancia ou prexuízo social, non se nomean.
  • Eufemismo: palabra que se usa en lugar doutra que se percibe malsoante ou dura, porque designa unha realidade que socialmente se considera desagradable, fea ou mala.
  • Disfemismo: palabra que alude a unha realidade desagradable coa intención de volvela aínda máis dura.

Télécharger

PDF Word HTML