Xeracións poéticas galegas do século XX

Classé dans Enseignement

Écrit le en français avec une taille de 3,69 KB

Xeracións poéticas do século XX

Durante o século XX distinguimos tres xeracións de poetas que chegaron a confluír nun dos momentos máis duros da nosa literatura: a posguerra e o inicio da ditadura de Franco. Estas xeracións son: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace e a Xeración dos 50 ou das Festas Minervais.

A Xeración do 36

En primeiro lugar, a Xeración do 36 está formada por autores marcados pola guerra, mozas e mozos que se apoian no maxisterio do grupo Nós. Ademais, algúns, como Cunqueiro, publicaron antes da guerra, aínda que agora aparecerán os seus textos máis significativos. Así mesmo, as tendencias poéticas foron:

  • o Neotrobadorismo (Dona do corpo delgado de Cunqueiro);
  • o Hilozoísmo (Nimbos de Xosé M.ª Díaz Castro).

Por outro lado, temos a Celso Emilio Ferreiro, autor de Longa noite de pedra, que recupera a poesía social e combativa, na liña de Luís Seoane ou Lorenzo Varela, que publican no exilio e teñen como precedentes a autores como Curros. Ademais, é o de posguerra.

A Promoción de Enlace

En segundo lugar, a Promoción de Enlace está formada por autores nados entre 1920 e 1930, polo que sofren as consecuencias da guerra. Igualmente, descoñecían o movemento nacionalista, así como a obra de autores anteriores, e o seu acceso á literatura galega foi autodidacta. Neste sentido, a temática muévese entre o intimismo e os intereses de cada autor: Antón Tovar interesouse pola temática intimista e social en obras como Non; Luz Pozo Garza céntrase na temática amorosa en Verbas derretidas; e Manuel Cuña Novás segue a liña existencial, e a súa obra Fabulario novo marca o inicio da Escola da Tebra.

A Xeración das Festas Minervais

Por último, a Xeración das Festas Minervais está formada por autores nados entre 1930 e 1940, a maioría con estudos universitarios, que van poder viaxar por Europa e coñecer as tendencias artísticas. Así mesmo, teñen como referencia aos autores da Xeración do 36. Ademais, participan nas Festas Minervais Compostelás, restauradas en 1953, son os responsables do xornal La Noche e publican na editorial Galaxia. Con todo, o máis destacable deles é a creación do grupo poético «Brais Pinto», formado por estudantes universitarios en Madrid, no que figuran X. L. Méndez Ferrín, Bernardino Graña ou Ramón Lorenzo.

A obra destes autores manifestase en dúas liñas poéticas. Unha delas é a denominada Escola da Tebra, unha adaptación surrealista á temática da angustia existencial, na que destacan autores como Manuel María, con Morrendo a cada intre, e Ferrín, con Voce na néboa. Por outro lado, a outra liña poética é a paisaxística, renovada pola vía da síntese expresiva na obra de Uxío Novoneira, autor de Os Eidos. Finalmente, a poesía social aparece na obra de autores como Manuel María, pero sobre todo destaca Méndez Ferrín, que publica en 1976 Con pólvora e magnolias e renova a poesía reivindicativa, así como recupera unha vontade cultista, abrindo paso a temas como o amor ou a morte, que marcarán etapas posteriores.

Conclusión

En definitiva, o panorama da poesía galega de posguerra é do máis variado, pois presenta desde temáticas tradicionais ata o contacto das novas xeracións coas correntes europeas, pasando pola influencia das vangardas. Así mesmo, baixo todas as tendencias agóchase a intención combativa que pedía a situación social e política.

Entrées associées :