Lingua e literatura galega: banda deseñada e Neira Vilas
Elementos da banda deseñada
Plano detalle: un anaco dun corpo ou dun obxecto, para que o lector fixe ben a súa atención nel.
Segundo o ángulo de visión do debuxante, hai distintos encadramentos:
- Normal: a acción é vista horizontalmente, á altura dos ollos.
- Picado: a escena é vista dende arriba.
- Contrapicado: dende abaixo.
Outros recursos
Posúe recursos extralingüísticos e iconográficos característicos:
- Globo ou bocadillo: reproducen o que os personaxes falan ou pensan.
- As onomatopeas: representan os ruídos que se producen no desenvolvemento da acción; xeralmente saliéntanse mediante a cor, o tamaño, etc.
- Os sinais cinéticos ou liñas de movemento: marcan a traxectoria dun personaxe ou obxecto e dan sensación de movemento.
- As metáforas