A Segunda Guerra Mundial: Fases e Conflitos
Orixe e Escenarios da Segunda Guerra Mundial
O conflito bélico iníciase o 1 de setembro de 1939 coa invasión alemá de Polonia, pero ao contrario da 1ª guerra, os enfrontamentos son a escala mundial, con tres grandes escenarios: Europa, o norte de África e Asia. Considérase que os países que provocan a guerra son os estados fascistas, sobre todo a Alemaña nazi.
As Fases da Guerra
A 2ª Guerra Mundial divídese en dúas grandes etapas:
- 1ª etapa (1939-1942): Marcada polo dominio das potencias do Eixe.
- 2ª etapa (1943-1945): Marcada polo declive das potencias do Eixe e a vitoria definitiva dos aliados.
Os Triunfos do Eixe (1939-1942)
A etapa inicial da guerra caracterízase pola ocupación de novos territorios polas potencias do Eixe (Alemaña,...