Rosalía de Castro: Biografía e Obras
Rosalía de Castro
Nada en Santiago de Compostela en 1837, filla dun cura e dunha fidalga, criouse no campo (Ortoño) cunha tía paterna. De adolescente vai vivir a Santiago coa súa nai e frecuenta os círculos culturais galeguistas, como o Liceo de la Juventud, onde coñece a Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. Casou con Manuel Murguía e morreu en Padrón en 1885. Ten un carácter pesimista, cunha inclinación ao distanciamento social, e sempre en loita cunha sociedade pouco favorable á presenza feminina na literatura e en todos os outros ámbitos sociais.
Obras literarias
- 1. Cantares Galegos (1863): Escrito en galego integramente, considérase o inicio da literatura galega contemporánea; é un poemario. A súa temática é reivindicativa e