Conceptos clave da Idade Moderna en España e Galicia
Glosario histórico da Idade Moderna
Xuntas do Reino de Galicia
Organismo intermediario entre o Reino de Galicia e a Coroa, encargado de xestionar e pór en marcha as decisións da monarquía hispánica e tamén de presentar ao rei as peticións de Galicia. Tiñan capacidade para conceder diñeiro ao monarca, ordenar levas militares, distribuír cargas fiscais e aconsellar ao rei. Creáronse no século XVI e eran a representación do reino de Galicia, sendo convocadas polo rei.
Valido
Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza, ata o punto de entregarlle a dirección do goberno do reino. En España esta privanza xeneralizouse no século XVII, cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do poder. Destacan o duque de Lerma,...